Xornada inaugural dos XVI Encontros con escritores

O escritor José María Merino conversará con Javier Pintor e Xavier Seoane. O acto terá lugar o mércores 30 de outubro ás 18:30 horas no salón de actos da UNED da Coruña.
Mar, 29/10/2019 - 09:45
José María Merino
José María Merino
Informámosvos que o vindeiro mércores, 30 de outubro ás 18:30 h. no Salón de actos da UNED da Coruña, comeza unha nova edición de "A creación literaria e os seus  autores: Encontros con escritores". A sesión inaugural contará coa presenza do escritor José María Merino . Aproveitaremos a presenza do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar algúns dos seus textos máis significativos como é o seu recente libro, A través del Quijote (Reino de Cordelia, 2019)
Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN e RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estes encontros concíbense da maneira máis libre e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturais con algúns dos autores máis relevantes do momento presente.
A sesión poderase seguir por videoconferencia dende a seguinte ligazón:  http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=52548&ID_Sala=241066