Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para o exercicio 2019

Mér, 25/09/2019 - 08:55

Xúntase a Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da Orde.

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia (SUG), entendidas como estruturas organizativas de investigación que integran recursos, capacidades e obxectivos para mellorar a súa eficacia.

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades do SUG e destinaranas aos centros de investigación do SUG que obteñan a acreditación como tales nesta convocatoria.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
Intensidade da axuda: 100%
Orzamento total: 20.480.000 euros

Contía e duración

As axudas serán de aplicación por un período de 4 anualidades.
Nas anualidades de 2020, 2021 e 2022 a contía mínima da axuda que se concederá será de 400.000 €, dos que polo menos 320.000 euros serán fondos Feder, e a máxima de 1.000.000 € dos que polo menos 800.000 serán fondos Feder. Na anualidade 2019 aplicarase o mesmo criterio en función da puntuación obtida tendo en conta que a cantidade mínima será de 5.000 euros e a máxima de 10.000 euros.

A onde acudir?

Consellería de Educación; Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal