Título node Learning object

Como facer un plan de igualdade
Xov, 22/08/2019 - 10:17
portada guía

O Plan de igualdade (ou plan coeducativo) é un documento programático a través do cal os centros educativos poden recoller as medidas de acción positiva para abordar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para sensibilizar, previr e intervir fronte á violencia machista, que inclúe a violencia de xénero e a LGBTIfobia.

Coa finalidade de renovar os esforzos por construír un modelo educativo que rompa coa transmisión dos estereotipos e cos roles de xénero que perviven na sociedade, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar unha instrución para que os centros educativos elaboren o seu propio plan de igualdade co fin de trasladar á documentación do centro a lexislación educativa en materia de igualdade. Así pois, trátase de incorporar o modelo coeducativo ao modelo pedagóxico do centro co fin de avanzar na consecución do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito educativo.

Lexislación aplicable en Galicia: Instrución do 6 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a elaboración de plans de igualdade no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Para afondar sobre os plans coeducativos pódese consultar a seguinte documentación (as referencias ordénanse desde as máis recentes):

Para afondar sobre a fenda de xénero no ámbito educativo pódese consultar esta nova no portal de Igualdade.

 

Se necesita recibir asesoramento sobre a elaboración do plan pode contactar coa Asesoría de Igualdade da Consellería de Educación:

Mónica Baleirón
asesoria.igualdade@edu.xunta.gal
881 997 598