Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde para o curso académico 2019/2020

Ven, 05/07/2019 - 11:35

Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e de excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

Prazo de reclamación:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da correspondente provincia segundo consta nas referidas Resolucións.