Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

Lun, 15/04/2019 - 12:34

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2019/2020

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2019 ao 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño e mestres, que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Enderezos de correo electrónico:

- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.
- Mestres: 981 54 44 82

 

 

 

 Listado definitivo de admitidos e excluídos de saúde de primaria, secundaria, relixión , anexo e a resolución definitiva pola que se publican os listados definitivos