Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde para o curso académico 2019/2020 [1]
Enviado por administrador a Ven, 05/07/2019 - 11:35Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e de excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.
Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos
Prazo de reclamación:
-
O prazo de reclamacións comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.
-
As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da correspondente provincia segundo consta nas referidas Resolucións.