G1802068 - Camilo José Cela, a obra dun premio Nobel

Trinta aniversario da concesión do premio Nobel
Xov, 24/01/2019 - 00:15
Camilo José Cela

Co Curso Camilo José Cela, a obra dun premio nobel que se celebra o 2 de febreiro, preténdese introducir a literatura española de posguerra,  así como adquirir e ampliar coñecementos sobre a obra de Camilo José Cela. Destacar a importancia de Camilo José Cela na literatura española da segunda metade do século XX e afondar na súa narrativa pola que se lle concedeu o Premio Nobel en 1989.
Por último, tamén se trata de achegar estratexias para iniciar e consolidar a escritura ou a expresión artística nos alumnos como vehículos de expresión de sucesos, ideas e sentimentos.

Programa da actividade

Sábado 2 de febreiro – mañá

- 10:00 a 10:10 – Inauguración da actividade

- 10:10 a 11:00 – A biografía dun nobel - Francisco Blanco Sanmartín

- 11:00 a 12:00 – Singradura pola súa narrativa - Luis Iglesias Feijoo

- 12:00 a 12:20 – Pausa.

- 12:20 a 13:20 – Presentación do recurso interactivo para as aulas Camilo José Cela, un creador total realizado por Ana María Platas Tasende en colaboración coa FPGCJC e co patrocinio da Fundación Barrié.

- 13:20 a 14:00 – Ruta Literaria Del miño al Bidasoa - Covadonga Rodríguez

 

Sábado 2 de febreiro – tarde:

- 16:00-17:45 – Visita ao Museo Camilo José Cela - Covadonga Rodríguez

- 17:45-18:45 – Obradoiro “Trivial celiano” - Covadonga Rodríguez

 

Ligazón para acceder ao curso en fprofe.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI