Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

Exames oficiais DELF e DALF
Mar, 20/11/2018 - 10:48
Probas DELF - DALF
Probas DELF - DALF

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

  • G1802052 - DELF. Alianza francesa. Nivel B2.

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 1 e o 23 de febreiro de 2019. A duración do exame será de, aproximadamente, 15 minutos. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Exame escrito: 6 de febreiro de 2019, horario, de 09:30 a 12:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (en Santiago de Compostela).

  • Data límite de inscrición: 02/01/2019

  • Prazas: 50

    Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

  • G1802053 - DALF. Alianza francesa. Nivel C1.

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 1 e o 23 de febreiro de 2019. A duración do exame será de, aproximadamente, 15 minutos. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Exame escrito: 1 de febreiro de 2019, horario, de 09:30 a 13:45h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Data límite de inscrición: 02/01/2019

  • Prazas: 10

           Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI