G1702017 - Ensinar alemán con éxito con CLIL. Conceptos, métodos e materiais

Erfolgreiches Deutschlernen mit CLIL: Konzepte, Methoden, Materialien
Ven, 13/10/2017 - 13:20
alemán CLIL
alemán CLIL

A sigla CLIL (Content and Language Integrated Learning, en galego AICLE) representa a aprendizaxe integrada de contidos de determinadas materias curriculares e unha lingua estranxeira. Estas materias non lingüísticas poden ser as ciencias naturais, ciencias sociais e humanidades, música ou educación física.

Na primeira parte do curso imos coñecer as tendencias recentes sobre o tema CLIL na investigación de linguas estranxeiras e imos analizar posibilidades para poñer en práctica a metodoloxía CLIL en Galicia. Xa existen moitas experiencias en centros de varias comunidades autónomas que tamén teremos en conta.

Na segunda parte do curso, imos experimentar xuntos con diversos materiais e suxestións para o fomento lingüístico nas materias non lingüísticas. Tamén nos centraremos nas preguntas sobre onde poder encontrar material concreto e apropiado para CLIL e de que maneira se pode usar na clase

O curso será impartido en alemán e diríxese a profesores de todas as materias non lingüísticas e tamén a profesores de alemán que se poderán beneficiar igualmente das técnicas de ensino. Convidamos a todos os profesores de primaria e secundaria que se interesan polo tema do ensino bilingüe ou por proxectos bilingües curtos.

Relatores: Virginia Gil (Editorial Klett) e Karsten Wiemann (Goethe-Institut Madrid)

Premendo no seguinte enlace terás máis información sobre a actividade en fprofe.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI