Convocado o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017

Xov, 22/12/2016 - 11:13

Achégase a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017.

Premios:

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.

  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

  • O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2017.