Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocado o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017

Convocado o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017 [1]

Enviado por administrador a Xov, 22/12/2016 - 11:13
Gallego

Achégase a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017.

Premios:

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.

  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

  • O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2017.

File: 

PDF icon Convocatoria [2]
PDF icon Anexo I [3]
PDF icon Relación de centros admitidos e excluídos [4]
Premios autonómicos [5]
Lingua galega [6]
Educación infantil [7]
Educación primaria [8]
Dirección Xeral de Formación Profesional [9]
Profesorado [10]
Alumnado [11]
Centros [12]
Boletín [13]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20880

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20880
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_nos_tamen_creamos_asinada.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_solicitude.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/admitidos_excluidos_concurso_ntc.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/234
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613