Título node Learning object

Your Europe, Your Say
Mar, 15/11/2016 - 11:26
Cartel Your Europe Your Say 2017

O Comité Económico e Social da Unión Europea convida as escolas españolas a participar no evento "Your Europe, Your Say".

Que é

Trátase dunha iniciativa na que se convida a estudantes no seu penúltimo ano de Educación Secundaria a visitar Bruxelas, e que está aberta aos 28 estados membros da Unión Europea. O Comité Económico e Social cubrirá os gastos de viaxe e aloxamento de tres estudantes e un profesor de cada unha das escolas gañadoras, que se seleccionarán por sorteo.

Obxectivos

Que o alumnado coñeza a UE e o papel do Comité dentro dela. Tamén é unha oportunidade única para os/as alumnos/as participen nun debate de estilo asemblea-plenario sobre un tema específico nunha contorna multicultural, presentando argumentos, negociando e alcanzando un compromiso. O alumnado poderá actuar como integrante dunha institución europea.

O evento utilizará como lingua vehicular o inglés.

Prazo: Ata o 30 de novembro.