Título node Learning object

Documental “Contra os elementos”
Mar, 15/11/2016 - 10:44
Logo Contra os elementos

Que é

"Contra os elementos"  é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

 

Obxectivos

  • Recoller e mostrar mediante entrevistas a destacadas deportistas e adestradoras, a realidade do deporte feminino galego e os seus triunfos
  • Desmontar os prexuízos de xénero que habitualmente rodean o deporte
  • Apoiar os deportes minoritarios
  • Promover valores como a superación e o esforzo
  • Tentar normalizar o deporte feminino entre a mocidade, creando modelos a seguir
  • Animar ás adolescentes para practicar deporte.

Metodoloxía e deportistas protagonistas

Co documental téntase mostrar varias disciplinas establecendo unha comparación cos elementos naturais, boxeo e rugby (lume), fútbol e atletismo (terra), vela e surf (auga), parapente e ximnasia artística (aire).

As deportistas que interveñen son Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen García, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.

Organismo responsable

Deputación da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais

Formatos do documental

Na web, ademais de contar cunha versión longa de 50 minutos, atópanse catro vídeos máis un extra (correspondentes ao citados catro elementos + futuro) que poden verse e exhibirse de maneira independente.