S1501041 Aproximación aos deportes sociomotrices dende o xogo

A partir do vindeiro 20 de outubro comeza o curso "Aproximación aos deportes sociomotrices dende o xogo" dirixido aos mestres e profesores de ensino secundario de Educación Física. Os obxectivos do curso son coñecer e discriminar as características estruturais e funcionais dos xogos deportivos, coñecer, valorar e aplicar enfoques didácticos da iniciación deportiva que dean prioridade á comprensión e funcionalidade das aprendizaxes e adquirir a capacidade de analizar e tratar didacticamente os contidos deportivos.
Ven, 25/09/2015 - 13:23
deportes sociomotrices
deportes sociomotrices

Data de comezo: 20 de outubro

Data de finalización:13 de novembro

Lugar de realización: Pavillón do  IES de Lamas de Abade

Nº de horas totais: 30h, 24h presencias, 6h non presenciais

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66803

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=619