Técnicas de instrumentación con orquestra escolar

A partir do vindeiro 15 de outubro iniciarase o curso na Rede " Técnicas de instrumentación con orquestra escolar" , curso do Plan anual de formación 2015-16 para o profesorado de Música. Os obxectivos deste curso inclúen proporcionar recursos didácticos de traballo na aula, elaborar ideas musicais, composicións propias e arranxos instrumentais e utilizar os recursos informáticos para editar os arranxos creados.
Xov, 24/09/2015 - 10:24
instrumentos

Data de comezo: 15 de outubro

Data de finalización: 15 de decembro

Número de horas totais: 30h

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66769