G1401011 Electrónica básica e redes multiplexadas
Os sistemas de comunicación multiplexados, forman parte da electrónica dos automóbiles na actualidade. Como tal detectouse a necesidade de formación nesta temática para o profesorado da familia de Transporte de mantemento de vehículos.
O curso parte dos conceptos básicos da electrónica dixital como a base para poder entender o funcionamento dun sistema multiplexado, e posteriormente estúdanse os diferentes buses de comunicación multiplexados actualmente usados nos vehículos, así como a súa diagnose.
Os titores son profesores da especialidade de Organización e procedementos de mantemento de vehículos do IES As Mariñas (Betanzos) , que completaron os seus coñecementos previos por medio proxectos de formación de FP orientados a profundizar nesta novidosa materia.
Respecto do curso pasado, esta edición inclúe unha sesión presencial de 3'5 horas de duración que terá lugar no IES As Mariñas (Betanzos) os días venres 13 de Marzo e sábado 14 de Marzo. Ao longo da fase en rede do curso, dividirase ao profesorado participante en dous grupos de 13 persoas como máximo; de xeito que un grupo acudirá á sesión presencial do venres 13 pola tarde, e o outro á do sábado 14 pola mañá. As sesións as impartirán os mesmos titores que a parte en rede, e durante as mesmas se traballarán aspectos prácticos da electrónica de buses de comunicacións dos automóbiles coa axuda das maquetas dispoñibles no centro.
Data de comezo: 28/1/2015
Data de finalización: 14/3/2015
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 37
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61020
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=95