Inglés Técnico para Formación Profesional

Proximamente van ter lugar unha nova edición das 4 actividades formativas en paralelo destinadas ao profesorado de Formación Profesional, para mellorar as súas competencias en inglés nas comunicacións no entorno profesional e técnico.
Ven, 09/01/2015 - 18:27
Ingles Tecnico FP

Ingles-Tecnico-FP

Data de comezo: 2 de febreiro

Data de finalización: 17 de marzo

Lugar de Celebración: Platega2

A partires da primeira semana de febreiro comezarán 4 actividades en paralelo destinadas á formación do profesorado de FP nas comunicacións en Inglés dentro do seu ámbito profesional e técnico. Son actividades cunha parte presencial de 28 horas en Platega2, e unha única sesión presencial de 2 horas. En particular serán:

Temporalización

As actividades contan cunha sesión presencial inicial de 2 horas común para as 4 actividades. Para facilitar a asistencia á mesma, programáronse as 4 edicións desta sesión formativa presencial en diferentes localizacións e datas, de xeito que o profesorado admitido nas 4 actividade poda elixir a sesión da súa preferencia:

Lugar de celebración
Data
Hora

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Luns, 2 de febreiro

11:00-13:00

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Luns, 2 de febreiro

19:00-21:00

CFR de Pontevedra

Martes, 3 de febreiro

18:00-20:00

EOI da Coruña

Mércores, 4 de febreiro

18:00-20:00

Para poder solicitar a sesión da súa preferencia, o profesorado admitido nas distintas actividades de Inglés técnico recibirá no email de confirmación da súa admisión no curso, unha ligazón a un formulario online.

Posteriormente, o día 5 de febreiro e ata o día 17 de marzo comeza a parte en rede do curso. Como ocorre con todas as actividades en rede, durante esa primeira semana (do día 5 ao 12 de febreiro) é obrigatorio que tod@s @s participantes se presenten no foro de benvida do curso.

Metodoloxía e Contidos

Os detalles sobre os contidos tanto da parte en rede coma da parte presencial, facilítanse nas guías do curso que se envían durante o proceso de selección a todos aqueles profesores/as inscrit@s que resultaran seleccionad@s. Remitiranse dúas guías, a orixinal en inglés e a mesma traducida ao galego.

Debido a amplitude do campo que as familias profesionais abranguen, é difícil poder concretar as actividades ás necesidades específicas de inglés de cada un dos profesores participantes. Por iso as 4 actividades se deseñaron cun enfoque orientado á autoprendizaxe, de xeito que os participantes poidan coñecer recursos e o modo de poder mellorar as súa competencia en inglés técnico segundo a seu campo de especialización técnico.

Na sesión presencial se abordará a instalación e emprego dos recursos informáticos necesarios para a participación na parte en rede do curso. Na parte en rede, se traballará nos aspectos de vocabulario, expresión e comprensión escritas e oral.

Requisito de Admisión

O profesorado seleccionado deberá acreditar o nivel de inglés B1 ou superior para ser admitido na actividade. Para tal efecto, senón ten constancia deste mérito na súa páxina de persoal, será necesario aportar o certificado que acredite este nivel de competencia ou equivalente, acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, sendo neste caso válidas as seguintes titulacións:

  • Certificado de nivel intermedio de inglés das EEOOII.
  • Certificado de ciclo elemental de inglés das EEOOII.
  • PET (University of Cambridge)
  • Trinity College, grade 5 o grade 6
  • TOEFL PBT: 487-567

Para máis información pódese consultar a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG 26 de abril de 2011) que regula o procedemento de acreditación de competencia en idiomas.

Os certificados poderanse aportar mediante correo electrónico, fax ou correo ordinario ao asesor/a de formación da actividade que figure en fprofe.