Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Inglés Técnico para Formación Profesional

Inglés Técnico para Formación Profesional [1]

Enviado por portalcafi a Ven, 09/01/2015 - 18:27
Proximamente van ter lugar unha nova edición das 4 actividades formativas en paralelo destinadas ao profesorado de Formación Profesional, para mellorar as súas competencias en inglés nas comunicacións no entorno profesional e técnico.
Gallego

Ingles-Tecnico-FP

Data de comezo: 2 de febreiro

Data de finalización: 17 de marzo

Lugar de Celebración: Platega2 [2]

A partires da primeira semana de febreiro comezarán 4 actividades en paralelo destinadas á formación do profesorado de FP nas comunicacións en Inglés dentro do seu ámbito profesional e técnico. Son actividades cunha parte presencial de 28 horas en Platega2 [2], e unha única sesión presencial de 2 horas. En particular serán:

  • Inglés técnico nas familias profesionais de ADG-COM-FOL [3] , Inglés orientado á contorna produtiva da administración empresarial, e destinado ao profesorado de Comercio e márketing, Administración e xestión, Formación e Orientación Laboral e Hostalaría e turismo.
  • Inglés técnico nas familias profesionais de ELE-ENA-IMA-TMV [4] , Inglés orientado á contorna produtiva da electricidade e electrónica, e destinado ao profesorado de Electricidade e electrónica, Enerxía e Auga, Instalación e mantemento e Transporte e Mantemento de vehículos.
  • Inglés técnico na familia profesional de Sanidade [5] , Inglés orientado ao ámbito sanitario, e destinado ao profesorado da familia de Sanidade.
  • Inglés técnico nas familias profesionais de IFC-ELE-AGR [6], Inglés orientado á contorna produtiva dos audiovisuais e a tecnoloxía informática, e destinado ao profesorado de Informática e comunicacións, Electricidade e electrónica, Imaxe e son e Artes gráficas.

Temporalización

As actividades contan cunha sesión presencial inicial de 2 horas común para as 4 actividades. Para facilitar a asistencia á mesma, programáronse as 4 edicións desta sesión formativa presencial en diferentes localizacións e datas, de xeito que o profesorado admitido nas 4 actividade poda elixir a sesión da súa preferencia:

Lugar de celebración
Data
Hora

CIFP Compostela (Santiago de Compostela) [7]

Luns, 2 de febreiro

11:00-13:00

CIFP Compostela (Santiago de Compostela) [7]

Luns, 2 de febreiro

19:00-21:00

CFR de Pontevedra [8]

Martes, 3 de febreiro

18:00-20:00

EOI da Coruña [9]

Mércores, 4 de febreiro

18:00-20:00

Para poder solicitar a sesión da súa preferencia, o profesorado admitido nas distintas actividades de Inglés técnico recibirá no email de confirmación da súa admisión no curso, unha ligazón a un formulario online.

Posteriormente, o día 5 de febreiro e ata o día 17 de marzo comeza a parte en rede do curso. Como ocorre con todas as actividades en rede, durante esa primeira semana (do día 5 ao 12 de febreiro) é obrigatorio que tod@s @s participantes se presenten no foro de benvida do curso.

Metodoloxía e Contidos

Os detalles sobre os contidos tanto da parte en rede coma da parte presencial, facilítanse nas guías do curso que se envían durante o proceso de selección a todos aqueles profesores/as inscrit@s que resultaran seleccionad@s. Remitiranse dúas guías, a orixinal en inglés e a mesma traducida ao galego.

Debido a amplitude do campo que as familias profesionais abranguen, é difícil poder concretar as actividades ás necesidades específicas de inglés de cada un dos profesores participantes. Por iso as 4 actividades se deseñaron cun enfoque orientado á autoprendizaxe, de xeito que os participantes poidan coñecer recursos e o modo de poder mellorar as súa competencia en inglés técnico segundo a seu campo de especialización técnico.

Na sesión presencial se abordará a instalación e emprego dos recursos informáticos necesarios para a participación na parte en rede do curso. Na parte en rede, se traballará nos aspectos de vocabulario, expresión e comprensión escritas e oral.

Requisito de Admisión

O profesorado seleccionado deberá acreditar o nivel de inglés B1 ou superior para ser admitido na actividade. Para tal efecto, senón ten constancia deste mérito na súa páxina de persoal, será necesario aportar o certificado que acredite este nivel de competencia ou equivalente, acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, sendo neste caso válidas as seguintes titulacións:

  • Certificado de nivel intermedio de inglés das EEOOII.
  • Certificado de ciclo elemental de inglés das EEOOII.
  • PET (University of Cambridge)
  • Trinity College, grade 5 o grade 6
  • TOEFL PBT: 487-567

Para máis información pódese consultar a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG 26 de abril de 2011) [10] que regula o procedemento de acreditación de competencia en idiomas.

Os certificados poderanse aportar mediante correo electrónico, fax ou correo ordinario ao asesor/a de formación da actividade que figure en fprofe.

Ingles Tecnico FP
CAFI [11]
Departamentos [12]
Formación Profesional [13]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14183

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14183
[2] https://www.edu.xunta.es/platega2/
[3] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61037
[4] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61032
[5] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61025
[6] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61033
[7] http://www.cifpcompostela.edu.es/het/index.php?option=com_content&view=article&id=287&Itemid=68
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra/748
[9] http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/taxonomy/term/24
[10] http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110426/Anuncio12CCE_es.html
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/759