Título Event node R

S1401077 Uso educativo dos recursos de audio na aula de música
Obxectivos: Proporcionar os coñecementos básicos necesarios para a gravación, edición e secuenciación de audio a través do uso de microfonía, interface de audio e programas informáticos de edición musical. Dinamizar as ferramentas didácticas xa existentes nos centros coa finalidade de crear unha comunidade participativa e editora de actividades propias a través da radio escolar, páxinas web dos centros, etc. Adquirir estratexias para fomentar a autonomía do alumnado no manexo dos sistemas de gravación e edición de audio.
Contidos: 1.Elementos necesarios para a creación dun estudio de gravación na aula. Optimización e conexionado. 2.Usos básicos de microfonía e acondicionamento acústico elemental para a captación de son. 3.Gravación, edición e secuenciación de audio dixital a través de software específico. 4.Posta en práctica das ferramentas tecnolóxicas traballadas no curso. 5.Elaboración de Podcast como ferramenta de difusión na rede do traballo da aula de música.
Xoves, 4 Setembro, 2014 - 10:32

Data de comezo: 22 de outubro

Data de finalización: 19 de novembro

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais: 21h

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=61231

Enlace a aula virtual:

Menús Event node R

Tema

Sección