S1401077 Uso educativo dos recursos de audio na aula de música [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 04/09/2014 - 10:32Summary:
Obxectivos:
Proporcionar os coñecementos básicos necesarios para a gravación, edición e secuenciación de audio a través do uso de microfonía, interface de audio e programas informáticos de edición musical.
Dinamizar as ferramentas didácticas xa existentes nos centros coa finalidade de crear unha comunidade participativa e editora de actividades propias a través da radio escolar, páxinas web dos centros, etc.
Adquirir estratexias para fomentar a autonomía do alumnado no manexo dos sistemas de gravación e edición de audio.
Contidos:
1.Elementos necesarios para a creación dun estudio de gravación na aula. Optimización e conexionado.
2.Usos básicos de microfonía e acondicionamento acústico elemental para a captación de son.
3.Gravación, edición e secuenciación de audio dixital a través de software específico.
4.Posta en práctica das ferramentas tecnolóxicas traballadas no curso.
5.Elaboración de Podcast como ferramenta de difusión na rede do traballo da aula de música.
Gallego
Data de comezo: 22 de outubro
Data de finalización: 19 de novembro
Lugar de celebración: CAFI
Número de horas totais: 21h
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=61231 [2]
Enlace a aula virtual:
Cursos [3]
CAFI [4]