Título node Learning object
O Ministerio de Cultura, Educación e Deporte (MECD), a través do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), publica, para toda a comunidade educativa, o material de traballo “Guía para la formación en centros sobre las competencias básicas y aplicación digital”, froito do esforzo e o traballo cooperativo de diversas administracións, institucións e centros educativos durante os últimos anos.
Esta obra xurde como resultado do coñecemento xerado no Proxecto de Integración Curricular das Competencias Básicas que o MECD desenvolve desde o 2010, a través do CNIIE e en cooperación con quince Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Preséntase en formato electrónico e consta de dúas partes: unha inicial de conceptualización teórica e unha segunda na que se desenvolve toda a secuencia de formación con 17 actividades distribuídas en tres niveis: Inicial, Avanzado e de Profundización.
Acompañan a esta Guía cinco carpetas con materiais complementarios:
- Carpeta I: Módulos e recursos para a formación
- Carpeta II: O Proxecto
- Carpeta III: Documento Ponte
- Carpeta IV: Actividades referentes
- Carpeta V: Aplicación Dixital, ferramenta dixital para facilitar ao profesorado a elaboración de mapas curriculares, o deseño de Unidades Didácticas e a avaliación do alumnado, tanto do seu rendemento nas áreas ou materias que cursa como o nivel obtido das competencias.