Maletas Viaxeiras

No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares.
Mar, 17/09/2013 - 12:47
Maletas Viaxeiras
Maletas viaxeiras da Asesoría de bibliotecas escolares

No departamento de bibliotecas escolares do  CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, á disposición dos centros educativos: 

  • 1 maleta de POESÍA destinada fundamentalmente a PRIMARIA (CEIP ou CPI)
  • 1 maleta con documentación específica sobre lectura e bibliotecas, para información e formación do profesorado.
  • 1 maleta de Banda Deseñada que contén unha selección de cómic e novela gráfica. Destinada aos centros de ensino secundario.

Desde a sección do departamento de bibliotecas escolares desta páxina pódense descargar, en pdf, os folletos, elaborados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, de cada unha destas maletas. Nos folletos está a relación de documentos que conteñen e tamén ligazóns de interese relacionadas co tema e orientacións para a súa utilización.

Os centros interesados terían que facer unha solicitude, cubrir un impreso e encargarse de recoller e devolver a maleta. A experiencia de cursos anteriores foi moi positiva. Esperamos que neste sigan viaxando para lles tirar o mellor proveito posible.