Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais do baremo para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de canto e teoría teatral

Xov, 19/09/2013 - 09:00

Xúntase o Anuncio do 6 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de canto aplicado á arte dramática (594441) e teoría teatral (594459), aberto mediante o Anuncio do 10 de xullo de 2013, desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo).