Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de canto aplicado á arte dramática e teoría teatral

Xov, 18/07/2013 - 08:45

Xúntase o Anuncio do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de canto aplicado á arte dramática (594441) e teoría teatral (594459).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
  • Para poder consultar os baremos poden acceder desde o servizo que aparece máis abaixo  (https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/ListadoSubstitutosListaAberta.do) e buscar a lista que corresponda, en cada caso, abrindo posteriormente a ligazón que permite consultar o baremo.

    No caso de ter que facer reclamación ao baremo provisional farase dentro do prazo que se indica no correspondente anuncio que se publica no DOG e que tamén aparece publicado na web.

    A reclamación presentarase por escrito en calquera dos rexistros oficiais ou por correo certificado e dirixido á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela) indicando os datos necesarios: NIF, Nome e apelidos, disciplina pola que se presenta, motivo da reclamación, etc.