Act. Complementarias
Con motivo do día das Letras galegas 2019 adicado a Antón Fraguas os departamentos de Galego e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística expoñen diversos traballos realizados polo alumnado sobre a vida e obra deste destacado historiador e etnógrafo e sobre Luis Seoane.
Así mesmo expoñen, no corredor de acceso á biblioteca unha serie de posters que tamén glosa a obra de Antón Fraguas.
Non queremos esquecer outras actividades organizadas arredor da festividade do Día das Letras Galegas como foron a participación no Correlingua 2019 e a asistencia á obra de teatro "made in Galiza" de Sechu Sende feita pola compañía "Os Quinqulláns"
Hoxe 2 de maio é o Día Internacional contra o acoso escolar. No centro traballamos intensamente en varios frontes para consolidar a cultura da non violencia, a convivencia positiva e o valor da palabra. O equipo de mediación, as Titorías entre Iguais, o equipo de igualdade son parte esencial deste proxecto de convivencia que facemos entre todos nós.
Non obstante é necesario lembrar que todos e todas debemos loitar contra o acoso escolar. Por iso, se coñecedes como testemuñas, ou por indicios, dalgún posible caso, poñédeo en coñecemento do voso titor ou titora, ou da dirección do centro.
Con motivo do día mundial da Auga (22 de marzo) o alumnado de 4º de ESO percorreu o "roteiro da auga potable" de Negreira, visitando o paseo do río Barcala, a captación da auga, a estación de potabilización, os depósitos e a depuradora de augas residuais. Unha actividade moi completa, na que contaron coas explicacións dos técnicos e coñeceron todos os procesos que fan posible que teñamos auga de calidade nas billas da nosa casa.
O dereito a auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, recoñecido polas Nacións Unidas, pero a día de hoxe millóns de persoas seguen sen ter garantido ese dereito, sufrindo enfermidades e mortes evitables. Por iso faise necesario de que sexamos conscientes do esforzo que supón garantir o acceso á auga potable e que non malgastemos ese recurso escaso e imprescindible
http://www.un.org/es/events/waterday/
Hoxe o IES Xulián Magariños fixémoslle unha pequena homenaxe á nosa campeona nacional, Alba. Unha excelente alumna, excelente atleta e excelente persoa.
A directora do centro, Clara Rodríguez interviu para felicitarlle e fíxolle entrega dun recordo.
Segue así, Alba, e oxalá poidamos seguir celebrando os teus éxitos.
En 2019 se celebran os 500 anos da morte dun xenio, Leonardo Da Vinci. O profesor de representación gráfica da USC, D. Francisco Javier Gómez acudiu ao centro a falar sobre a súa obra, acto enmarcado dentro do programa "A Ponte" da USC, e organizado polos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía.
Con motivo do Día internacional da Muller o equipo de igualdade do centro elaborou un vídeo no que se recolle a opinión de diversos membros da comunidade educativa sobre o feminismo.
Hoxe poidemos disfrutar dun fantástico festival de entroido. Felicitar ao alumnado do noso centro que traballou moitísimo e con gran ilusión creando unhas coreografías e actuacións de gran nivel. Parabéns a todos e que disfrutedes dun feliz entroido. Vémonos o xoves!
Recentemente nos visitou unha delegación do Comité Lila do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo. Tiveron unha fructífera xornada de traballo co equipo de igualdade do noso centro, da que seguro sairán interesantes iniciativas.
Inauguramos a nova "sala de exposicións" do IES XULIÁN MAGARIÑOS, situada na cafetería, cunha mostra sobre deseño contemporáneo e industrial.
Na materia de "Deseño e impresión 3D" fixeron reproducións a pequena escala dalgunha das obras mestras da historia do deseño mostradas na exposición. Esta exposición permanecerá durante o mes de febreiro. A idea e que haxa unha mostra nova cada mes, coordinada dende diferentes departamentos.
Queremos agradecer moi especialmente a colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA) "A Barcalesa" que nos axudou financiando a instalación do sistema expositivo. Estades invitados a visitala e esperamos que vos guste.
A semana pasada iniciamos unha actividade nova. Os recreos dos martes e venres alumnado e profesorado combatimos xuntos o sedentarismo e guiados polo profesor Xoan Carlos Gantes realizamos unha serie de exercicios sinxelos que non precisan equipamento especial e poden facerse en calquera lugar. A prensa mostrou interese por esa actividade e aquí podedes leer a reportaxe que nos adica "El Correo Gallego".