Act. Complementarias
Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres?
(podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)
O alumnado de 4º de ESO das materias de tecnoloxía e cultura científica e varios alumnos de 3º de ESO participarán o vindeiro luns nos obradoiros que a Fundación Repsol organizará nas instalacións do noso centro educativo. Por medio de diversas actividades preténdese concienciar as novas xeracións do uso responsable da enerxía e da importancia do aforro e a eficiencia enerxética. O obradoiro comezará as 9:35 e rematará as 13:35.
Estamos de Noraboa!
Acaba de publicarse a resolución definitiva dos Contratos Programa dirixidos á mellora do éxito escolar. O IES Xulían Magariños foi un dos centros seleccionados e o Contrato-Programa 2017-18 que asinará coa administración educativa recolle as seguintes liñas de actuación:
1. PROA (ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FÓRA DO HORARIO LECTIVO), o alumnado que o necesite terá clase polas tardes de luns e mércores con docente externo.
2. MELLORA DA CONVIVENCIA E PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS (Colaboraremos coa organización e o orzamento dos VI Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva que se celebrarán no IES Plurilingüe de Fontexería de Muros).
4. PREVENCIÓN DO ABANDONO TEMPERÁN E DO ABSENTISMO ESCOLAR, teremos agrupamentos en toda a ESO e reforzos en 1º e 2º ESO.
6. MELLORA DA CALIDADE NA XESTIÓN DOS CENTROS
Ao longo de dúas semanas do mes de febreiro terá lugar a actividades "Finanzas para mortais", organizada polos departamentos de Economía e Comercio.
Asistirán os seguintes grupos nos seguintes horarios:
1 de febreiro, de 11:30 a 13 horas. Grupos 1º e 2º BAC (Economía), FP Básica, Ciclo medio comercio
5 de febreiro, de 11:30 a 13 horas: 4º de ESO (Economía)
7 de febreiro, de 10 a 11:30 horas. Grupos 1º e 2º BAC (Economía), FP Básica, Ciclo medio comercio
8 de febreiro, de 10 a 11:30 horas. 4º de ESO (Economía)