Eventos
Xov | ||
---|---|---|
A avaliación final ordinaria de 2º de bacharelato terá lugar o vindeiro luns día 8 de xuño, e as notas serán recibidas polo alumnado ou os seus representates legais por medio da aplicación Abalar ás 20:00 horas deste mesmo día.
A partir dese momento poden poñerse en contacto co seu profesorado, vía correo electrónico, para solicitar aquelas aclaracións que consideren oportunas.
Se considerasen que éstas non son suficientes, o prazo de reclamacións oficiais será de dous días (10 e 11 de xuño de 2020, ata as 14.00 horas), durante os cales deberán presentar escrito, preferentemente por correo electrónico, ante a dirección do centro. A este efecto poden atopar o impreso de reclamacións na páxina web do IES (no apartado: FORMULARIOS DE RECLAMACIÓNS). Descargarán e cubrirán o impreso e o enviarán ao correo electrónico ies.xulian.magarinos@edu.xunta.es dentro dos plazos establecidos. A dirección do centro someterá as reclamacións á consideración do departamento correspondente, que emitirá unha resolución motivada, seguindo as instrucións publicadas pola Consellería e que poden atopar no mesmo apartado da web do centro.
A Dirección Informamos dos días de atención ao alumnado que se incorpora en 1º ESO e necesita presentar a solicitude de Fondo Libros:
Pregamos respeten estes días pois trátase de minimizar o risco de infeccións evitando aglomeracións na entrada do instituto. Lembren o uso de mascarilla, desinfectar as mans ao entrar e manter as distancias de seguridade. Moitas grazas. |