Atención ao alumnado que se incorporará a 1º ESO no vindeiro curso e necesita presentar a solicitude de fondo libros
04/06/2020
Informamos dos días de atención ao alumnado que se incorpora en 1º ESO e necesita presentar a solicitude de Fondo Libros:
- Mañá venres 5 atenderemos as familias do alumnado co primeiro apelido que comence coas letras A-G
- O luns 8 acudirá ao centro o alumnado co primeiro apelido que comence coas letras H-P
- O martes 9 atenderemos ao alumnado co primeiro apelido entre Q-Z
Pregamos respeten estes días pois trátase de minimizar o risco de infeccións evitando aglomeracións na entrada do instituto.
Lembren o uso de mascarilla, desinfectar as mans ao entrar e manter as distancias de seguridade.
Moitas grazas.