Skip to Content

Blogue de admin

Día Internacional da Seguridade da Información

Cada 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Seguridade da Información. Pensamos que é un bo momento para insistir na importancia de coidar os nosos datos e a nosa identidade dixital, e para iso creamos unha páxina con xogos e novas que de seguro vos interesarán, tanto se sodes xente nova como non tanto.

Pincha na imaxe para descubrila!

 

Guía de mediación parental

Presentámosvos a guía de mediación parental creada polo INCIBE e traducida ao galego por compañeiros/as do IES Aquis Celenis. Trátase dun documento que pode axudar a xestionar o uso do móbil e outros dispositivos no ámbito familiar. Nos documentos adxuntos atoparedes diferentes modelos de pactos familiares relacionados con esta guía. Agardamos que vos guste e poidades sacarlle partido.

 

 

Música para o 25N

O 25N tamén podemos celebralo a través da música...

Aquí tedes unha lista de reprodución con temas musicais relativos ao tema.

Desfrutádea!

 

O ALUMNADO DE PROXECTO COMPETENCIAL DO IES VIRXE DO MAR COÑECE O MERCADO DE PROXIMIDADE DA VILA DE NOIA

Este xoves, 23 de novembro, o alumnado de 4ºESO A coñeceu de primeira man o mercado de proximidade que hai na nosa vila. Esta actividade forma parte dun proxecto que se desenvolverá ao longo deste curso e que ten como obxectivo principal “repensar o modelo de vila que temos e queremos”.

Busca tesouros e atopa libros. Xa temos gañadores!

Xa temos gañadores no concurso da Biblioteca María Mariño "Busca tesouros e atopa libros".

Sigue lendo para saber de quen se trata.

Grazas a todos por participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut