O alumnado de 4º ESO deberá devolver o equipo E-Dixgal que estivo a utilizar durante estes cursos. Antes da devolución procederase a unha revisión para comprobar que todo o equipamento está operativo e en óptimoas condicións.
No documento adxunto detállanse as instrucións e as datas de revisión e devolución.
O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de Proxecto Competencial de 4ºA realizou, xunto ao alumnado do IES A Cachada de Boiro, unha actividade chamada “Os paseos de Jane”. Estes paseos realízanse no mes de maio en distintas cidades de todo o mundo e son un recoñecemento ao legado e ás ideas de Jane Jacobs, que defendía o deseño e as construcións das cidades centradas nas persoas que viven nelas.
Nesta xornada acollemos o alumnado de Boiro e falámoslle da nosa cultura local, do noso pasado medieval e dos problemas sociais e urbanísticos asociados á accesibilidade dos espazos públicos da nosa vila. Logo, foron eles os anfitrións e guiáronos polas rúas do Cabo da Cruz. Velaquí vos deixamos este vídeo da experiencia.