Hoxe día 14 de outubro, publicouse no DOGA a ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, a favor das persoas que xa foron beneficiadas desta axuda por importe de 50 euros, e se lle conceden 25 euros adicionais. A partires do martes día 18 de outubro xa poden recoller este novo vale por importe de 25 euros, na Secretaría do Centro.
O noso exalumno Ismael Ramos Castelo acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía Xoven 2022 . Toda a comunidade escolar do IES Virxe do Mar felicítao. MOITOS PARABÉNS
A Xunta amplía o prazo para solicitar a realización de probas de certificación en linguas estranxeiras para o alumnado que cursa 4º ESO, Bacharelato e FP en Centros públicos de Galicia. A información figura nos seguintes enlaces: