Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

NOVAS INSTRUCIÓNS PARA O CONTROL E SEGUIMENTO DOS CASOS DE INFECCIÓN POR COVID NO ÁMBITO EDUCATIVO

As consellerías de Sanidade e Educación informan a través das seguintes instrucións a nova estratexia e control do SARS-COV-2 no ámbito educativo (01/04/2022). 

CLICA NOS SEGUINTES ENLACES PARA ATOPAR INFORMACIÓN DETALLADA :

RECADACIÓN DE FONDOS PARA UCRAÍNA

Realizarase no centro unha recadación de fondos para axudar ao pobo Ucraíno. Para canalizar a axuda, poderiades facelo a través das ONG que traballan no terreo (atopades a listaxe a continuación). Ou ben ata o 7 de abril recolleranse na secretaría do centro as doazóns económicas que consideredes e que posteriormente serán ingresadas na ONG UNICEF.

Médicos del Mundo https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-23

Todos/as os solicitantes de praza no noso centro foron admitidos.

ABERTO DO 1 AO 21 DE MARZO o proceso de solicitude de praza no curso 2022-23, para o alumnado que desexe cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles. O trámite pódese facer online ou de forma presencial. Para facelo online CLICA AQUÍ. As listas provisionais publicaranse o 25 de abril e as definitivas antes do 15 de maio. A matrícula realizaríase por quendas entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2022

 

ORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B). CLICA

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2021/22, na Comunidade Autónoma de Galicia.

SOLICITUDE DE MASCARILLAS NO CENTRO

Orde do 28 de outubro de 2021 CLICA PARA COÑECER AS CONDICIÓNS QUE MARCA A CONVOCATORIA.

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar, NON TERÁ QUE FACER A SOLICITUDE, asignaranse directamente como beneficiarios do reparto de mascarillas.

Os anexos a cubrir para facer a solicitude están neste enlace CLICA.

CALENDARIO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

NO DOCUMENTO ADXUNTO ATOPARÁS O CALENDARIO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. A PARTIR DO 9 DESTE MES DE NOVEMBRO PÓDENSE PRESENTAR AS CANDIDATURAS E O 22 SERÁN AS VOTACIÓNS. CLICA

LIÑAS DE TRANSPORTE

                                                                                                                         

Distribuir contido