Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

IDEAS PARA AS COREOGRAFÍAS DE COMBAS.

Vos tamén sodes capaces . Clicando neste enlace verás o que se fixo o curso2018_19 CLICA, no curso 2015-16 CLICA Así que este ano estou convencida de que tamén seredes quen de asombrarme. 

FINAL DO TORNEO DE TENIS DE MESA

Queremos manifestar o noso agradecemento á AD Vincios Tenis de mesa, que permitiu realizar un adestramento aos finalistas e gañadores do torneo do recreo.

SOMOS CENTRO CARDIOPROTEXIDO

Cantos máis mellor, 

The more the merrier,

Plus on est, plus de vies sauvées

O centro vólcase un ano máis na formación do alumnado e persoal do centro en técnicas de RCP, manexo do desfibrilador e intervencións de primeiros auxilios. Desde o curso pasado contamos cun desfibrilador, grazas a aportación do concello, situado na planta baixa do edificio e que está geolocalizado e dado de alta, para o seu uso inmediato en caso de ser necesario. 

TORNEOS DE DEPORTES NOS RECREOS. RE-CREO O RECREO

Deron comezo, despois desta tempada de diluvios, os torneos de distintos deportes nos recreos. Nestes momentos estase a xogar unha liga de fútbol e un torneo de tenis de mesa.

Como en anos anteriores, e continuando coa adhesión ao contrato programa innova, na súa liña EduSaúde realízase esta actividade que forma parte dun compendio de propostas, dirixidas a favorecer o incremento do tempo de actividade física do alumnado, que terá repercusións directas na súa saúde, entre outros beneficios.

Distribuir contido