Saltar navegación.
Inicio

ALUMNA DO IES VAL MIÑOR NO CONGRESO DOS DIPUTADOS.

CLICA para ver a súa intervención

Cayetana Guede Bernárdez, parte do Grupo asesor de Unicef España xunto a Martín Rey Álvarez, tamén alumno do noso centro, participou na VI Xornada Parlamentaria de Propostas de procesos de participación infantil e adolescente, no Congreso dos Deputados. Na Sala Ernest Lluch, oito representantes de plataformas de representación infantil e xuvenil tiveron ocasión de dirixirse aos parlamentarios que integran a Comisión de Infancia e Xuventude con propostas sobre diversos temas que afectan especialmente á infancia e á adolescencia.