Saltar navegación.
Inicio

CONFERENCIA DO Dr. CARLOS SPUCH, INVESTIGADOR NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

O Venres 11 de xuño volvemos a ter o privilexio de contar co Dr. Carlos Spuch, investigador no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que impartiu unha charla moi interesante sobre a enfermidade de Alzheimer ao alumnado de 1º de bacharelato de Anatomía Aplicada e Bioloxía e Xeoloxía. Transmitir o coñecemento e os avances en investigación sobre estas patoloxías tan presentes na sociedade actual é outro xeito de acercar a ciencia e a actividade científica ao alumnado. Grazas Carlos!! É un pracer poder contar contigo!