Saltar navegación.
Inicio

CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA NO PAVILLÓN " XURXO OTERO" DE NIGRÁN.

Froito dun acordo entre o Instituto, a Xefatura Territorial de Educación e o Concello de Nigrán a maior parte do alumnado do IES Val Miñor realizará as súas clases de Educación Física no Pavillón municipal Xurxo Otero de Nigrán.

Desde o centro queremos agradecer o esforzo realizado e o exemplo que supón a implicación de todas as administracións na xestión dun momento tan complexo coma este. Dadas as carencias, en canto a instalacións deportivas, do noso centro, que o alumnado poida desfrutar dun espazo digno para a práctica deportiva é un avance moi relevante nun ano tan difícil.

A partir do próximo martes 13 un autobús transportará ao alumnado para realizar estes traxectos ao pavillón nos períodos lectivos que corresponden á área de educación física.