Saltar navegación.
Inicio

KAYAK ILLA DE AROUSA - AREOSO.

O 21 de xuño, día no que comeza o verán e o curso académico remata, o alumnado de 4ºESO e os profesores acompañantes desfrutaron dun día de actividade física en contacto coa natureza. Foi unha gran xornada de despedida, dunha promoción de alumnado que deixa unha forte pegada no centro. Recoñecidos sempre polo seu bo comportamento nas actividades extraescolares e complementarias entre outras virtudes. Así foi unha vez máis. Que pasedes unhas boas e merecidas vacacións. Se queredes ver as fotos e a videomontaxe CLICA 

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS

2º BACH recibirá as notas da convocatoria extraordinaria a través de abalarMóbil o 23 de xuño (días de reclamacións, 26 e 27 de xuño), e en formato papel virán a recollelas o martes 27 ás 9:00. Momento no que ademais haberá unha reunión importante con Andrés, para explicar como se fai a tramitación do título e daranse as últimas indicacións para aqueles que vaian ás probas extraordinarias ABAU (O 27 e 28 son os días de prematrícula para as ABAU). A esa mesma hora, tamén se entregarán os historiais académicos. 

QUENDAS DE MATRÍCULA DO 3 AO 7 DE XULLO. HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30. LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO.

As quendas de matrícula terán lugar do 3 ao 7 de xullo. O alumnado dos centros adscritos recibirá o SOBRE DE MATRÍCULA no seu centro de primaria e terá que achegarse con el cuberto o día que lle corresponde . O alumnado do centro, recibirá o día de entrega de notas o sobre de matrícula. O día de entrega de notas tamén será o día de ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO, e para o alumnado que titule de 4º ESO ou se vaia do centro, terá que devolver o ORDENADOR EDIXGAL (á entrega terá que vir un dos pais para asinar un documento).

Entrega de premios do Concurso Odisea

O 15 de xuño celebrouse na Facultade de Filoloxía da USC o acto de entrega de premios dos concursos organizados este curso pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. Alí estivo a nosa alumna Lucía, de 1º de bacharelato A, para recoller, en representación do equipo Las Apolonias, o segundo premio do Concurso Odisea de Cultura Clásica (Nadia, a outra integrante do equipo, non puido asistir por ter outra entrega de premios ao mesmo tempo). Acompañárona María e Martín, de 1º de bacharelato A e B respectivamente, que tamén participaran no Concurso Odisea.

Parabéns ás gañadoras e a todos os alumnos do IES Val Miñor que participastes no concurso! Vós sodes o futuro das humanidades!

Velaquí a noticia da entrega de premios na web de SEECGalicia: https://seecgalicia.org/entrega-de-premios-seec-galicia-2023/

FINALISTAS DO CONCURSO DE "FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2023" DO IES VAL MIÑOR

Presentámosvos a selección de fotos finalistas do concurso de “Fotografía Matemática 2023” do IES Val Miñor nas CATEGORÍAS de 1º-2ºESO e 3º-4ºESO-Bach. Estas 24 fotos seleccionadas optan a ser as gañadoras do Primeiro e Segundo premio en cada categoría, que recibirán un vale por material escolar de 20€ e 10€, respectivamente. O xurado do concurso fará público nos próximos días o seu veredicto. Sorte para todos/as.

PETIT DÉJEUNER

                                                                     NOTRE PETIT DÉJ.

Nous voilà en train de  prendre le premier repas de la journée, notre petit déjeuner ou  petit déj. 

On a bien mangé, on a parlé en français, on a revisé le vocabulalire  et on a beaucoup ri.

Une belle journée avant de commencer nos vacances bien mérités.

PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS ESTALMAT-GALICIA

O sábado 3 de xuño, os nosos alumnos Alba, Anxo, Hugo, Lara, Vera e Xoana de 1º de ESO, participaron na proba de selección de ESTALMAT-Galicia que se desenvolveu no IES Caslelao de Vigo.

Este proxecto organizado desde a Facultade de Matemáticas da USC ten como finalidade a detección e o EStímulo do TALento MATemático dos estudantes que cursan cada ano 6º de Primaria e 1º de ESO.

Queremos agradecer aos nosos valentes estudantes que aceptasen o reto de presentarse á proba. Independentemente do resultado que teñan, para nós xa son gañadores por gozar da experiencia e polo entusiasmo mostrado na materia de matemáticas.

Para máis información sobre este proxecto: ESTALMAT-Galicia (estalmatgalicia.com)

Distribuir contido