Saltar navegación.
Inicio

INTERCAMBIO LORETO HS - IES VAL MIÑOR . VIAXE A MANCHESTER DO 19 AO 26 DE SETEMBRO

O alumnado participante no intercambio multicultural co centro Loreto HS de Manchester, realizou unha viaxe inesquecible entre os días 19 e 26 de setembro, como culminación tralo recibimento en marzo, do alumnado inglés no Val Miñor.  Ambos centros están conectados cun vinculo moi especial que é o vínculo que se xera entre as persoas. A mellor embaixadora foi Kathie, profesora do departamento MFL (Modern Foreign Languages), que nos abriu as portas dun centro multicultural, onde a diversidade é unha seña de identidade. Para que vos fagades unha idea, nese centro fálanse máis de 40 idiomas. A hospitalidade das familias inglesas co noso alumnado foi inmensa e permitiu que puidesen vivir uns días moi intensos e enriquecedores. No centro recibiron entre outras, clases de arte, cociña, música e realizaron actividades como as visitas as instalacións do club de fútbol Manchester United ou a Knaresborough, unha vila con encanto. Non podía faltar, empaparse da cidade de Manchester, cidade identificada coa abella, un símbolo de comunidade traballadora, pois foi a cidade onde se iniciou a Revolución Industrial. Para ver e adentrarse un pouco no que este intercambio supuxo para o crecemento persoal do noso alumnado podes ver o vídeo ou as fotos que atoparás no seguinte enlace. CLICA.