Saltar navegación.
Inicio

ENTREGA DE NOTAS. QUENDAS DE MATRÍCULA DO 1 AO 5 DE XULLO. HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30. LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO.

As notas entregaranse o 27 de xuño por quendas no seguinte horario:

HORA                CURSO            
9:30-10:30 1º ESO
10:30-11:30 2º ESO
11:30-12:30 3º ESO
12:30-13:30 4º ESO
13:30-14:10 1º BACH

As quendas de matrícula terán lugar do 1 ao 5 de xullo. O alumnado dos centros adscritos recibirá o SOBRE DE MATRÍCULA no seu centro de primaria e terá que achegarse con el cuberto o día que lle corresponde . O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula no momento de entrega de notas.

O alumnado do centro, que titule en 4º ESO ou se vaia do centro, terá que devolver o ORDENADOR EDIXGAL o 17 de xuño, día no que levarán para casa unha folla que é imprescindible devolver asinada antes do 21 de xuño.

Os días de entrega dos libros pertencentes ao banco de libros da ANPA é o seguinte:

1º,2º,3º,4º ESO e 1ºBach - 25 de xuño de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 na Biblioteca

Alumnado  da convocatoria extraordinaria das ABAU- 5 de xullo de 11:00 a13:00

O alumnado que no curso 2023-2024 non estivera matriculado neste centro e fora admitido durante o proceso de admisión debe esperar a ser avaliado no seu centro. Unha vez que saiban que promocionan, deben solicitar un certificado académico (non é válido o boletín de notas) e recomendámosvos recoller na conserxería do IES Val Miñor o SOBRE DE MATRÍCULA. Dispoñedes tamén na páxina web do centro dos documentos que precisaredes.

QUENDAS EN HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30 :

1 XULLO 4º ESO

2 XULLO 3º ESO

3 XULLO 1º e 2º ESO

4 XULLO 1º BACH

5 XULLO 2º BACH

NO CASO DE TER IRMÁNS poderá facerse o procedemento de matrícula o mesmo día (elixan unha das quendas que corresponda a algún dos irmáns).

A partir de 3º ESO hai que pagar o seguro escolar, que ascende á cantidade de 1,12 euros. Poderá pagarse no propio centro o día da matrícula ou no seguinte número de conta, indicando no concepto o nome e apelidos do alumno ademais do curso no que se matricula. Nº DE CONTA: ES18 2080 5052 1630 4000 4559 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-25 CLICA  Aclaración en 4º ESO, Matemáticas A correspóndese coa asignatura Matemáticas aplicadas e Matemáticas B coa asignatura Matemáticas académicas.

A ANPA do centro dispón dun banco de libros e para coñecer o seu funcionamento podes atopar información nas seguintes circulares:

Información do funcionamento do banco de libros clica

Ficha para facerse socio/a da ANPA clica

 

AdxuntoTamaño
ficha_ANPA.pdf1.33 MB
Información banco de libros ANPA_24-25.pdf441.65 KB
autorizacion_actividades_complementarias.pdf518.09 KB
AnexoIII_ESO.pdf587.01 KB
AnexoIII_Bach.pdf1.17 MB
1_ Bacharelato_CIENCIAS.pdf637.87 KB
1_Bacharelato_ CCSS_HUM.pdf564.52 KB
1_3_ESO.pdf553.33 KB
2_4_ESO.pdf428.1 KB
Autorización uso datos persoais_alerta.pdf868.8 KB
transporte_escolarESO.pdf343.01 KB
Libros_texto_2024_25_paxweb.pdf1.7 MB