Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

CALENDARIO DO MES DE XUÑO.

PRÓXIMOS TRÁMITES:

Devolución dos ordenadores. Soamente devolverá o ordenador o alumnado de 2º da ESO que aprobe todo en xuño. As datas para a devolución serán os días 23, 25 e 26 de xuño de 10:00 a 13:00. Ao alumnado de 2º da ESO que lle queden pendentes para setembro, devolverao en setembro se promociona.

SE QUERES VER AS IMAXES AMPLIADA CLICA NELAS

REAPERTURA PARCIAL DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PARA 2º DE BACHARELATO.

Seguindo o protocolo de riscos que inclúen as instrucións publicadas pola Consellería de Educación o pasado venres 22 de maio, nas que se convoca voluntariamente ao alumnado de 2º de Bacharelato, o equipo directivo dispuxo os espazos do centro para que, no caso dunha reapertura parcial efectiva, se gardasen as distancias de seguridade estipuladas polo Ministerio de Sanidade (2 metros de separación en todos os espazos interiores) e distribuíu o material de desinfección (provisto polo propio centro) de maneira que se atendan os protocolos sanitarios recomendados.

Non podería, en ningún caso, incorporarse ao centro o persoal (tampouco o alumnado) que estea manifestando síntomas compatibles con COVID-19, diagnosticados da enfermidade, ou en período de corentena.

DEMANDAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES VAL MIÑOR

A comunidade educativa do IES Val Miñor fai pública unha reflexión e unha serie de demandas que considera, logo de dous meses de suspensión de actividade lectiva presencial, que deben ser atendidas polas administracións educativas. A idea é tratar de afrontar o futuro do noso sistema educativo entre todos e sair fortalecidos como sociedade nesta situación.

MODIFICACIÓNS REALIZADAS NAS PROGRAMACIÓNS DOCENTES POR MOR DO COVID

Debido á situación derivada da suspensión de clases durante este curso escolar, e froito das medidas tomadas en relación á pandemia do Covid-19, as Programacións didácticas dos Departamentos foron modificadas, seguindo a Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, do Ministerio de Educación, e as instrucións da Consellería de Educación, que a desenvolveron.

Podedes consultalas nesta ligazón.

RECOLLIDA DE MATERIAL ACADÉMICO ESQUECIDO NO CENTRO

Poderá pasarse a recoller material esquecido no centro, dándose as seguintes recomendacións:

Chamen ao centro antes de vir, o teléfono é 986366050.

Terá que vir o alumno para identificar o material.

O horario de recollida será de 10:00 a 13:00.

Deberá manterse en todo momento unha distancia de 2 metros co persoal, e recoméndase o uso de mascarilla.

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 11 AO 18 DE MAIO INCLUSIVE. SOAMENTE PARA O ALUMNADO QUE SOLICITA MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO.

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, nos apartados que atinxen ao ámbito educativo:

O alumnado do centro xa fixo a súa reserva coa elección de optativas para o curso que ven. A súa matrícula será do 1 ao 10 de xullo , xa se lle dará o sobre de matrícula coas notas 

O alumnado dos centros adscritos xa ten feita a súa reserva . Simplemente terá que formalizala do 1 ao 10 de xullo.

Para o alumnado de fora que solicita a admisión no noso centro:

INSTRUCIÓNS RELATIVAS AO DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

Se clican no enlace atoparán as instrucións da Consellería de Educación relativas ao desenvolvemento do 3º trimestre.

 

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Logo das indicacións recibidas por parte do Ministerio de Educación e, despois, pola Consellería de Educación, segundo as cales levaremos a cabo “actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado”, tomamos as seguintes decisións sobre o traballo neste terceiro trimestre:

ata comezos de xuño, o traballo seguirá afondando nos contidos previstos para esta terceira avaliación (aquilo que dea tempo e que os departamentos consideren máis necesario de cara ao futuro)

en xuño, preferentemente, centraremos o traballo en dúas liñas:

ADEUS LUZ POZO GARZA

Onte, luns 20 de abril, deixounos na Coruña, Luz Pozo Garza. Poeta ribadense, ensaísta, catedrática de Literatura no Ensino Medio, codirectora da revista Nordés, membro numerario da Real Academia Galega e, ademais, profesora e xefa do departamento de Lingua e Literatura castelá do IES Val Miñor, dende 1983 ata a súa xubilación, en 1987. Na sala de profesores aínda permanece a súa imaxe nas fotografías que reúnen ao claustro cada ano académico.

Unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada”, así a define a institución académica á que pertenceu.

En conversa co director do instituto naquel tempo, Xulián Maure, e compañeiro dela de departamento, falounos da autora deste xeito:

Distribuir contido