Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Federico Fernández, un premio Nacional de Ilustración no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.

 

VISITA DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ EN SETEMBRO AO CENTRO

O alumnado do CEIP da Cruz Camos e do CEIP Humberto Juanes visitaron hoxe as instalacións do noso centro. No seu percorrido viron como se traballa na aula de plástica, de tecnoloxía, nos laboratorios... Asemade foron espectadores de tres obras de teatro realizadas polos seus compañeiros/as de 1º ESO. Desfrutade do verán e ata o 15 de setembro que nos veremos as caras.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO

O alumnado de 1º de bacharelato visitou as distintas facultades da Universidade de Vigo.

ANA MOURE, DA FUNDACIÓN MENELA, FALALLE AO ALUMNADO DE 2º DE ESO DO TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.

Ao alumnado de 2º de ESO falouselle hoxe do trastorno de espectro autista (TEA). A nosa intención coa charla era informalos, formalos e concienzalos/as sobre como deben actuar con estes rapaces, como entender os seus comportamentos e como poñerse no seu lugar. Ana Moure, da Fundación Menela, mostroulle  estes aspectos e deulle unha serie de orientacións para actuar. Só nos queda que todos os poñan en práctica.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

O noso centro, está a participar nun proxecto sobre o consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas en adolescentes de 14 a 18 anos no que colaboran todos os centros de secundaria do Val Miñor e que está coordinado pola doctora dona Olga Villar do centro de saúde de Gondomar.

Neste proxecto o alumnado de 3º,4º da ESO e bacharelato realizará unha enquisa telemática e anónima do 20 ao 31 de xaneiro.

CHARLA DO IESIDE ("ESCOLA DE NEGOCIOS DE ABANCA") sobre o seu Grao de ADE.

O alumnado de matriculado en Economía en 1º de Bacharelato recibiu hoxe unha charla sobre o grao en ADE (administración e dirección de empresas) do IESIDE.

PERSOAS FACENDO HISTORIA. CHARLA SOBRE AS SAÍDAS LABORAIS DO GRAO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

Begoña Garrido Labrador, profesora na facultade de Historia do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), impartiu unha interesante charla sobre as saídas profesionais da carreira de Xeografía e Historia. Begoña de xeito divertido, dinámico e ameno descubriulle cousas de vida universitaria e deste grao en particular ao alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en historia do mundo contemporáneo.

"ECO-OBRADOIRO" DO ALUMNADO DE 1º DE ESO COS USUARIOS DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL "Juan María".

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO realizaron esta mañá un "Eco-obradoiro" de reciclaxe de tapóns de plástico cos usuarios do centro de Educación Especial "Juan María". Queremos darlle as grazas a súa monitora Rosa e os verdadeiros protagonistas da actividade: Pascual, Pepe, David, Lorenzo, Antonio,Samuel ...

PROGRAMA TEI: OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO COÑECEN AOS SEUS TITORES E TITORAS.

Durante esta semana de outubro os alumnos e alumnas de 1º de ESO están coñecendo aos seus "padriños e madriñas".

Distribuir contido