Saltar navegación.
Inicio

Orientación

A IMPORTANCIA DOS IDIOMAS. VISITA DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS (EOI) DE VIGO-SECCIÓN NIGRÁN AO INSTITUTO

O alumnado de 4º ESO recibiu unha charla da EOI Vigo- Sección Nigrán para poñer en valor a importancia do estudo das linguas e proxección no futuro. Esta charla foi impartida por xefes dos departamentos de inglés, portugués e xaponés. 

CHARLA "PREVENCIÓN DE TODAS AS FORMAS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

O alumnado de 1 BACH recibiu unha charla do gabinete psicolóxico Alar sobre a prevención de todas a formas de violencia contra a Muller.

EXPLICACIÓN DAS PROBAS ABAU 2022

Nos documentos adxuntos atoparás información detallada sobre o procedemento das probas ABAU deste curso 2021-22

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL. MINDFULNESS IMPARTIDO POLAS PSICÓLOGAS DO GABINETE ALAR.

Nos adxuntos atoparedes dúas guías moi útiles para poñer en práctica esta técnica de relaxación. Nelas inclúense enlaces a audios de exercicios mindfulness elaborados polo GIPCE ( Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE.CHRYSALLIS.

Visitounos Soledad da asociación Chrysallis que reune a familias de menores trans e con ela aprendimos como a diversidade nos enriquece e como toda persoa ten dereito a ser respectada e non sofrir discriminación algunha baseada na súa orientación sexual e identidade de xénero.

ESCOLA SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA

O xoves 13 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán para informar do programa de estudos  da Escola Superior de Hostalería de Galicia, así coma das súas saídas profesionais . Moitas grazas Óscar.

3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE. COLABORACIÓN CO CENTRO JUAN MARÍA

O día da discapacidade é un día de TODOS  e de TODAS  nesta sociedade xa que a diversidade nos enriquece. Por iso estamos pola diversidade e así o amosou toda a comunidade educativa do Val Miñor.

EXPOSICIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

O IES Val Miñor contou durante dous meses coa exposición da Universidade de Vigo: eu estudie na Uvigo.

Un ano máis visitamos a Universidade de Vigo

Un ano máis o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato visita a Universidade de Vigo.

Distribuir contido