Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

SIMULACRO PARA A ACTIVACIÓN DO PLAN DE EVACUACIÓN

Puxemos en práctica o plan de evacuación do noso centro, contando coa inestimable axuda do GES do Val Miñor, que nos aportou un feedback profesional moi valioso. 

INICIO DO CURSO ACADÉMICO. HORARIOS DE PRESENTACIÓN DO 11 DE SETEMBRO .

HORARIO DAS PRESENTACIÓNS: 

1º ESO       9:00 a 10:00

2º ESO       10:00 a 11:00

3º ESO       11:00 a 11:30

4º ESO       11:30 a 12:30

LIBROS DE TEXTO DO ALUMNADO DE 4º PDC

Aclaracións ante as dúbidas que xorden respecto aos libros de texto necesarios en 4º PDC.

O alumnado de PDC tería que cursar soamente unha optativa do bloque 1 da matrícula feita (no adxunto tedes a folla de matrícula)

No bloque 2, soamente teñen que mercar libro se elixen filosofía.

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS

2º BACH recibirá as notas da convocatoria extraordinaria a través de abalarMóbil o 23 de xuño (días de reclamacións, 26 e 27 de xuño), e en formato papel virán a recollelas o martes 27 ás 9:00. Momento no que ademais haberá unha reunión importante con Andrés, para explicar como se fai a tramitación do título e daranse as últimas indicacións para aqueles que vaian ás probas extraordinarias ABAU (O 27 e 28 son os días de prematrícula para as ABAU). A esa mesma hora, tamén se entregarán os historiais académicos. 

CALENDARIO DE XUÑO

MES DE XUÑO           "Non sabe o raposo das galiñas que dormen fóra"
L M M

INFORMACIÓN RELEVANTE SOBRE A MATRÍCULA DO CURSO 22-23 E SOBRE A AVALIACIÓN DO 21-22

Para coñecer a oferta educativa antes de facer a elección de optativas ou modalidades, dispoñedes na páxina web de información detallada. 

oferta

MATERIAS DO CURSO 2022-23

1ºESO

2ºESO

NOVAS INSTRUCIÓNS PARA O CONTROL E SEGUIMENTO DOS CASOS DE INFECCIÓN POR COVID NO ÁMBITO EDUCATIVO

As consellerías de Sanidade e Educación informan a través das seguintes instrucións a nova estratexia e control do SARS-COV-2 no ámbito educativo (01/04/2022). 

CLICA NOS SEGUINTES ENLACES PARA ATOPAR INFORMACIÓN DETALLADA :

RECADACIÓN DE FONDOS PARA UCRAÍNA

Realizarase no centro unha recadación de fondos para axudar ao pobo Ucraíno. Para canalizar a axuda, poderiades facelo a través das ONG que traballan no terreo (atopades a listaxe a continuación). Ou ben ata o 7 de abril recolleranse na secretaría do centro as doazóns económicas que consideredes e que posteriormente serán ingresadas na ONG UNICEF.

Médicos del Mundo https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania

Distribuir contido