Orientación
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO
Dorrío de Ourense, Ana de Portugal e Reka de Hungría falaronlle hoxe, 25 de setembro, ao alumnado de 1º de bacharelato do Servizo Voluntario Europeo. Presentarono como unha experiencia onde os adolescentes adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional.
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO 0 AO ALUMNADO DE 1º DA ESO
O director do IES VAL MIÑOR fixo entrega aos alumnos e alumnas de 1º de ESO do diploma que certificaba a súa positiva participación no curso 0 nesta primeira semana do curso 2017/18. Parabéns para todos e todas.
MIL GRAZAS A LUCÍA ÁLVAREZ, SAINZA, JAVI ESCORZA E BRUNO ROMÁN DE 4º DA ESO POR EMBELLECER O NOSO INSTITUTO.
Os alumnos de 4º da ESO Lucía, Saínza, Javi e Bruno de 4º da ESO dirixidos maxistralmente pola súa profesora Belén fixéronnos este magnífico agasallo para embellecer o salón de actos. MIL GRAZAS.
O concelleiro de educación e a policía local de Nigrán entregan un diploma e un agasallo ao alumnado de 1º da ESO que participou na actividade de educación vial.
O Concelleiro de educación e a policía local de Nigrán entregaron aos alumnos e alumnas de 1º da ESO un agasallo e un diploma por cursar con aproveitamento o curso de educación vial.
A REVOLUCIÓN DAS LEITUGAS DA O SEU FROITO.
As leitugas plantadas polo alumnado de 1ºC-ESO na horta escolar están dicindo lévame para casa e cómeme.
O ALUMNADO DE 4º DA ESO COÑECE OS RECURSOS DO CONCELLO RELACIONADOS COAS POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO
Susi, técnica de emprego do Concello de Nigrán explicoulles hoxe 6 de xuño ao alumnado de 4º da ESO todo o relacionado co departamento de desenvolvemento local e coa enumeración das áreas de traballo máis salientables.
OBRADOIRO DE MODELACIÓN E DEMOSTRACIÓN EN 3D IMPARTIDO POR PROFESORES DA ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
Os profesores Alejandro López e Armando Fernandes da escola superior de Artes GALLAECIA de Vilanova de Cerveira (Portugal) estiveron toda unha mañá cos nosos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato impartindo un obradoiro de modelación e demostración 3D. Desde aquí queremos darlle as grazas polo seu interese e dedicación.
SAVE THE CHILDREN AGRADECE A PARTICIPACIÓN DO IES VAL MIÑOR NO MARCAPÁXINAS SOLIDARIO
Alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO participou na campaña de Save the Children: marcapáxinas solidario. A recaudación ascendeu a 162,61 €.
o alumnado de 1º da ESO asiste a clases de educación vial
Este luns 15 de maio o alumnado de 1º da ESO asistiu a clases de educación vial impartidas pola policía local de Nigrán.
O ALUMNADO DE 4º DA ESO COÑECE O CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL
Os profesores do instituto de Tomiño Maria José Presa e Tito, explícaronlle ao alumnado de 4º da ESO o ciclo de aproveitamento e conservación do medio natural da familia de Agraria. Supuxo un achegamento a uns estudos bastante descoñecidos por parte do noso alumnado. Por outra banda, supuxo unha sorpresa para as rapazas do noso centro que houbera adolescentes mulleres estudando este tipo de formacion.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »