Taboleiro

A raiña Letizia presidirá no IES San Rosendo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017.

A raiña Letizia presidirá en Mondoñedo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017. O acto de apertura do curso de Formación Profesional celebrarase no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) San Rosendo, a partir das 11:30 horas.

Además da Raiña, está prevista a participación no acto protocolario do ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Exposición de fotografías de Pablo Couto Andrés

    Pablo Couto Andrés, alumno de 2º do Ciclo Superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que está  a realizar nos corredores do noso centro. Aquí tedes unha mostra da súa magnífica obra.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

Cursos gratuitos preparatorios dos celga 1, 2, 3 e 4.

Documentos COVID - IES San Rosendo 2020-21

Dacordo aos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID 19, presentamos os seguintes documentos desde o noso centro:

DECLARACIÓN RESPONSABLE (COMPROMISO COVID 19 POR  PARTE DAS FAMILIAS)

Horario dos exames de setembro

Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO, premiada no concurso Atrévete a ter unha idea

A alumna de 2º de ESO Iria Bermúdez Barreira foi premiada no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Distribuir contido