Taboleiro

Programa A Ponte da USC. Encontros virtuais 6, 7 e 8 de abril

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

Actuación no IES. Ano 2005

Festival de fin de curso. Ano 1995

Silvia Fiallega falou sobre emigración no IES San Rosendo

Resultado de imaxes para: silvia fiallega

 

O mércores 19 de febreiro ás 10.20 horas Silvia Fiallega impartiu aos alumnos de bacharelato a charla «Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a América» dentro da exposición «Somos migrantes» patrocinada pola Deputación Provincial.

"Fai deporte" no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

 

 

 

O Concello de Mondoñedo organiza no instituto de Mondoñedo o proxecto Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de deportes de equipo, e deportes individuais que busca dinamizar os recreos do centro educativo.

Creouse unha páxina na internet onde os alumnos e alumnas do centro IES San Rosendo poden apuntarse ás competicións. É importante destacar que os deportes de equipo buscan a participación mixta dos mesmos.

A parte das competicións realizaranse concentracións ou convivencias con outros centros.

 

 

 

 

 

 

https://amariñaxa.com/2020/01/15/o-proxecto-fai-deporte-chega-ao-ies-san-rosendo-de-mondonedo/

MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE

 

 

Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.

Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:

- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.

- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.

- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.

 

 

Viaxe a Asturias dos Alumnos de Bacharelato

O martes 19 de novembro os alumnos de 1º e 2º de BAC achegáronse ao festival de cine de Xixón para ver a película Port Authority. Despois desprazáronse a Oviedo para visitar as igrexas máis representativas da arte do prerrománico asturiano.

Distribuir contido