Actividades
Excursión a Andorra - Xaneiro 2023
Enviado por jcarlosgb o Xov, 19/01/2023 - 16:54
|
Non ben acabadas as vacacións de Nadal, un grupo de alumnado de 1º BAC desprazouse a Andorra cos profesores Diego González e Iván González, onde puido gozar non só das pistas de esquí de Ordino, senón tamén das visitas a outras instalacións. Agardamos, sobre todo que aprendérades moito desta experiencia e gardedes un bo recordo desta viaxe. A pesar do susto do traspés de Héctor, que agardamos se recupere o máis axiña posible. |
Entroido 2016 no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Mér, 02/03/2016 - 11:58A ANPA do IES organiza unha charla sobre os perigos de Internet o lúns 9 de febreiro.
Enviado por Admin o Lun, 09/02/2015 - 08:16
Dos perigos de Internet, o control que deben facer os pais sobre o uso das redes sociais por parte dos seus fillos, entre outros asuntos relacionados coa Rede, brindarase información na charla que organiza a ANPA Amolou do IES San Rosendo no centro. É ás 19:30 horas e está aberta a todos os pais, nais e titores.
Inmersión lingüística en Inglés de alumnos de 2º da ESO
Enviado por Admin o Mar, 28/10/2014 - 09:42Un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES San Rosendo participaron, xunto con alumnos catalanes, nun programa de inmersión en lingua inglesa durante a semana do 19 ó 25 de outubro no albergue de Lekaroz (Navarra).
Actividades e imaxes:
Alumnos do IES San Rosendo visitaron as Covas do Rei Cintolo nunha actividade organizada pola ANPA
Enviado por Admin o Dom, 19/10/2014 - 16:18