Orientación

Profesorado

Dª Soledad González Torterolo (Orientadora escolar)

Dª María Cendán González (Pedagoxía Terapeutica)

Dª Cristina Ramudo Couto (Pedagoxía Terapeutica)

GUÍA INFORMATIVA SOBRE UNIVERSIDADES

Está guía está feita para que o estudantado preuniversitario coñeza todas as universidades públicas e privadas que temos en España. Ademáis, poderán encontrar información sobre os exames de acceso e admisión ás Universidades públicas, becas e información sobre aloxamento nas distintas provincias españolas.

Trátase dunha guía interactiva que enlaza aos recursos directamente dende a mesma. É totalmente gratuíta e está enfocada a resolver as dúbidas do alumnado.

 https://www.uniscopio.com/documentos/Guia-de-Acceso-y-Admision-a-la-Universi

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU

A continuación tedes a Convocatoria ordinaria de matrícula da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

No Anexo I aparecen os Lugares de Entrega de Recollida de Documentación (LERDs)

No Anexo II aparece a Relacións de Comisións Delegadas coa asignación dos centros de Secundaria que corresponden a cada un delas.

No Anexo III está o horario das probas.

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS UDC (UNIVERSIDADE DA CORUÑA)

O vindeiro xoves 8 de abril haberá unha Xornada Virtual de Portas Abertas para amosar ao Futuro Estudante a oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria da Coruña.
As videoconferencias serán en liña con chats en directo. O horario da XVPA: será de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Haberá tamén RETOS / OBRADOIROS  con sorteo de agasallos e un Punto de Información.

Haberá dúas videoconferencias do Presidente da CIUG, Pedro Armas, sobre ABAU/PREINSCRIPCIÓN 2021, ás 10:00h e ás 19:30h.

Animádevos a participar, o enlace é https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA DA U.S.C.

Os días 23, 24 e 25 de marzo do 2021 terán lugar os "encontros virtuais da zona da USC" dirixidos ós estudantes de ensino medio.

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC:

 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Dende esta páxina poderán enlazar con todas as páxinas dos Encontros. Esta páxina xa está operativa e estará aberta de forma continua, aínda que están actualizando contidos.

 

Nesa páxina tamén se colocarán os enlaces para seguir en directo os actos de Inauguración e Clausura a través da canle de Youtube da USC.

 

O Acto de Inauguración terá lugar o martes, 23 de marzo, ás 12h., presidido polo reitor da Universidade. A continuación o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da “Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica” e do “Centro Nacional de Genotipado”, pronunciará a conferencia inaugural co título “Proxectos e ilusións”. Falará dos seus proxectos e ilusións.

 

O Acto de Clausura terá lugar o xoves, 25 de marzo, ás 18h. A escritora Érica Esmorís (Licenciada en Veterinaria no Campus de Lugo da USC) pronunciará a conferencia final co título “Non hai punto e final”. Falará sobre a elección de carreira: Elixir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional.

 

Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas  haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:

 

o    Presentacións das titulacións

 

o    Opinión dos estudantes sobre a titulación

 

o    Pílulas relacionadas coa titulación

 

o    Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación.

 

A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.

 

INSTRUCIÓNS ABAU

Instrucións concretas para Galicia para a realización material da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2021/22, dentro do curso académico 2020/21.

 

ACCESO INFORMACIÓN FP

A continuación tedes un acceso directo para ver toda a información relacionada cos Ciclos Formativos Profesionais (probas, familias profesionais, institutos onde se imparten os ciclos, titulacións, matrícula, validacións, acreditación, currículo, normativa...)

http://www.edu.xunta.gal/fp/

Distribuir contido