Orientación

INFORMACIÓN SOBRE A ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais é un centro público, dependente da Xunta de Galicia.

Ofértase tres especialidades: conservación e restauración de arqueoloxía, escultura e pintura.

Ao rematar tense o título de CF de grao superior e este título é equivalente, a todos os efectos, a un Grao Universitario.

Para acceder a estes estudos non é necesario a proba de ABAU. É necesario ter cursado e aprobado o bacharelato (en calquera modalidade) e pasar un proba de acceso, que se celebrará no mes de xuño, previa inscripción realizada no mes de maio.

Toda a información sobre estos estudos, a tedes a continuación no enlace.

CHARLAS ORIENTACIÓN ONLINE DE ESNE - ASTURIAS

ESNE (Asturias) é a Escola Universitaria de Deseño, Innovación e Tecnoloxía, situada en Oviedo.

Realizarán unhas charlas informativas online sobre as súas titulacións universitarias, os días 5 e 12 de febreiro, pola tarde. Serán impartidas polo seu profesorado que falará sobre: plans de estudios, as saídas profesionais, requisitos e formas de acceso.

DATAS PROVISORIAS ABAU 2021

As datas provisorias para as ABAU no 2021 son, as seguintes:

Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 de Xuño 2021

Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de Xullo 2021

 

Información sobre apoio ao recrutamento das Forzas Armadas

Como cada ano, a oficina de apoio ao recrutamento das Forzas Armadas de Ferrol, facilita información sobre o seu desempeño profesional e preséntase como unha opción máis para todos/as aqueles que rematan os estudos da ESO, bacharelato ou ciclos formativos.

A continuación aparecen tres arquivos, para que consultedes toda a información que necesitades.

1. Os códigos QR, con toda a información detallada sobre o acceso a calquera dos tres exércitos (terra, mar e aire), incluso corpos comúns.

2. Notas de corte para o acceso do ano 2020

3. Sinopse cos requisitos de acceso ás diferentes escalas.

Información sobre as ABAU e o acceso á Universidade (CIUG)

Neste enlace podedes consultar toda a información sobre as ABAU e o acceso á Universidade do Sistema Universitario de Galiza (SUG).

www.ciug.gal

 

BUSCADOR DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO TERRITORIO NACIONAL

TODO SOBRE LA UNIVERSIDAD

TODO SOBRE LA UNIVERSIDAD

DATAS DEFINITIVAS ABAU 2020

Programa A Ponte da USC. Encontros virtuais 6, 7 e 8 de abril

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

Distribuir contido