Novas
PRESENTACIÓN E INICIO DO CURSO 2024-25
Enviado por Admin o Mar, 10/09/2024 - 13:00
A presentación e o inicio de curso terá lugar o día 11 de setembro ás 9:30.
- 1º ESO na Aula de Proxeccións do IES Plurilingüe San Rosendo.
- 2º, 3º, 4º da ESO e Bacharelato no Salón de Actos do IES Plurilingüe San Rosendo.
- FP Básica ás 9:30 nas instalacións da Granxa.
- Ciclos Formativos de FP ás 12:00 nas instalacións da Granxa.
Curso: Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina
Enviado por Admin o Mar, 10/09/2024 - 12:56Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por Admin o Ven, 07/06/2024 - 08:20Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo e poderá facelo todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos).
a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación Premios Edu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos.
b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.
Calendario de probas para a avaliación extraordinaria de 2º de Bacharelato
Enviado por Admin o Xov, 23/05/2024 - 09:38ABAU 2024
Enviado por Admin o Lun, 20/05/2024 - 05:42
Calendario ABAU 2024
- Convocatoria ordinaria: 4, 5 e 6 de xuño
- Convocatoria extraordinaria: 2,3 e 4 de xullo
Horario ABAU 2024
- Convocatoria ordinaria
Protocolo ABAU 2024
- Protocolo e normas da ABAU 2024
- Consellos para afrontar as probas de acceso á Universidade
- CIUG: Información Xeral da ABAU
Ponderación e notas de corte
- Notas de Corte 2023
- Parámetros de ponderación das materias ABAU para o curso 2024/25
Calendario do proceso de admisión das probas libres de FP
Enviado por Admin o Ven, 19/04/2024 - 07:15Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO
Enviado por Admin o Xov, 11/04/2024 - 08:44
Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)
Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.
Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)
OPERACIÓN KILO 2024
Enviado por Admin o Mér, 13/03/2024 - 07:21
OPERACIÓN KILO 2024 (Recollida de alimentos)
Coma todos os anos desde o Departamento de Relixión estamos a xuntar produtos non perecederos para donar ao Banco de alimentos de A Mariña (botes de legumes, latas de conservas, material de hixiene, galletas, leite,..). A caixa está na entrada do Instituto.
Recollemos os alimentos ata o 15 de abril.
Confiamos na vosa xenerosidade e superar os 30 quilos do ano pasado.
Grazas a todxs!!!.
Un pouco fai moito, colabora!!!!!!!